Warning, /network/kdeconnect-android/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt is written in an unsupported language. File is not indexed.
0001 KDE Connect fornece funcionalidades para facilitar traballar con varios dispositivos: 0002 0003 0004 • Transferir ficheiros entre dispositivos. 0005 • Acceder a ficheiros do teléfono desde o computador, sen cables. 0006 • Portapapeis compartido: copie e pegue entre dispositivos. 0007 • Obter notificacións de chamadas e mensaxes no computador. 0008 • Panel táctil virtual: use a pantalla do teléfono como panel táctil do computador. 0009 • Sincronización de notificacións: lea as notificacións do teléfono desde o computador e responda a mensaxes. 0010 • Mando a distancia multimedia: use o teléfono como mando a distancia para reprodutores multimedia de Linux. 0011 • Conexión WiFi: non necesita cable USB nin Bluetooth. 0012 • Cifrado TLS de extremo a extremo: a súa información está segura. 0013 0014 Para que esta aplicación funcione ten que instalar KDE Connect no computador, e manter a versión do computador e de Android actualizadas para que funcionen as últimas funcionalidades. 0015 0016 Permisos de información persoal: 0017 • Permiso de accesibilidade: necesario para recibir entrada doutro dispositivo para controlar o teléfono Android, se usa a funcionalidade de entrada remota. 0018 • Permiso de localización en segundo plano: necesario para saber con que rede WiFi ten conexión, se usa a funcionalidade de redes de confianza. 0019 0020 KDE Connect nunca envía información a KDE nin a terceiras partes. KDE Connect envía os datos dun dispositivo a outro directamente pola rede local, nunca a través de Internet, e usando cifraxe de extremo a extremo. 0021 0022 Esta aplicación é parte dun proxecto de software libre e existe grazas á xente que colaborou no proxecto. Visite o sitio web para obter o código fonte.